Dirección en internet http://www.mvfigueroa.com/

Escudo Carta Fundacional
Domicilio da fundación
Bibliografía
Axudas ao estudo
Padroado

Fundación Manuel Ventura Figueroa

A Fundación Manuel Ventura Figueroa foi instituída no ano 1784 polos testamenteiros do Excmo. Sr. D. Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela, entre outros e numerosos postos importantes que desenvolveu, co obxecto de establecer dotes en favor de parentes orfas, tanto para contraer matrimonio como para entrar de relixiosas, pero, sobre todo, para proporcionar axudas económicas para a realización de estudos. Retrato del Excmo. Sr. D. Manuel Ventura Figueroa

A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu, por Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, as funcións que realizaba o Estado en relación coas fundacións e asociacións de carácter benéfico e asistencial de interese galego.

A Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia considerou a conveniencia de ampliar a relación de fundacións ás que se facía referencia no citado Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, adoptando na súa reunión do día 11 de outubro de 1994 o oportuno acordo de asunción das funcións que viña desenvolvendo a Administración do Estado en relación coa fundación «Manuel Ventura Figueroa», de Santiago de Compostela (A Coruña, o que se fai efectivo a partir do 1 de xaneiro de 1995 en virtude do Real decreto 2170/1994, do 4 de novembro, sobre ampliación do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de servizos e asistencia sociais e do Decreto 396/1994, do 29 de decembro.

Coa finalidade de restablecer a árbore xenealóxica, cuestión previa imprescindible para a concesión de calquera tipo de axudas por parte da fundación, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, mediante Orde do 4 de xullo de 2000 (DOG n.º 146, do 28 de xullo) anuncia a convocatoria para a determinación e clasificación de parentes do Excmo. Sr. D. Manuel Ventura Figueroa.

Por Resolución do presidente do padroado do 17 de xullo de 1997 (DOG n.º 141, do 23 de xullo) anúnciase a convocatoria para a determinación do parente máis próximo-patrón de sangue do fundador.

Por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de maio de 2001 (DOG n.º 87, do 7 de maio) noméase con carácter provisional o padroado da fundación.

Todo o anterior pon de manifesto o complexo labor levado a cabo pola Administración Autonómica co fin de proseguir a actividade da fundación, acomodando o seu funcionamento á lexislación vixente nesta materia.

Dende o ano 2002, viñéronse efectuando convocatorias anuais de axudas ao estudo e na última reunión do padroado do 28 de xuño acordouse a convocatoria de axudas ao estudo para o curso 2007/2008, cuxas bases aparecen inseridas nesta páxina web.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2007

A presidenta do padroado, Laura E. Sánchez Piñón.

 


©  2003 Fundación Manuel Ventura Figueroa
Información mantida pola Fundación Manuel Ventura Figueroa
Correo electrónico: fundacionmvfigueroa.com